Algunha vez sentiches que a túa audiencia, clientes ou empregados non prestan atención á túa mensaxe? A clave pode estar en que non conectan co que contas, e unha gran ferramenta para evitalo é o brand storytelling.
O próximo 10 de abril, Executivas de Galicia organiza a Masterclass online “5 relatos que a túa marca necesita para que che escoiten, conecten e compren máis“. Esta formación ten como obxectivo axudar ás socias a descubrir como o storytelling pode ser unha ferramenta fundamental para diferenciarse e aumentar a visibilidade.
Virginia Romera, compañera de Executivas de Galicia, copywriter e storyteller, explicará os cinco tipos de relatos de marca e como xerar ideas para construir unha narrativa ao redor da túa historia, produto ou servicio, clientes e empregados.
A formación levarase a cabo a través da plataforma Zoom, de 16:00 a 16:50. A sesión incluirá 30 minutos de masterclass e outros 20 minutos de preguntas e respostas.
Para participar, é necesario inscribirse previamente a través do formulario dispoñible máis abaixo. O día anterior á formación, os datos de acceso enviaranse ao correo electrónico indicado na inscripción.
No deixes pasar esta oportunidade!