Accessibility Tools

O próximo 12 de abril Executivas de Galicia organiza un almorzo na Coruña.

O encontro terá lugar na Gastroteca do Hotel Hesperia A Coruña Centro, en C/ Juan Flórez, 16 a partir das 09:00 horas, contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición no formulario que aparece máis abaixo.

O prazo de inscrición finaliza o 10/04/23.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.