Accessibility Tools

Executivas de Galicia e a asociación Mujeres en el Sector Público organizaron un networking o pasado 6 de maio en Santiago de Compostela. Este encontro naceu co obxectivo de dar a coñecer as actividades e valores destas dúas asociacións para axuntar esforzos na loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e visibilizar o liderado e talento feminino, compartindo experiencias e estreitando lazos para unha futura colaboración entre ambas as entidades.

Ao comezo do encontro as presidentas Carla Reyes Uschinsky, de Executivas de Galicia, e Concepción Campos Acuña, de Mujeres en el Sector Público, fixeron unha breve presentación de cada unha das asociacións, e procederon á subscrición dun convenio marco de colaboración entre ambas as asociacións para tecer unha sólida alianza en Galicia que contribúa a alcanzar a igualdade real.

Entre outras actuacións, esta colaboración materializarase nas seguintes actuacións:

    • Desenvolvemento de xornadas e encontros, así como xerar espazos de reflexión sobre o desenvolvemento profesional e o fortalecemento da muller.
    • Forxar alianzas en relación coas actuacións que cada unha das partes poñan en marcha en Galicia.
    • Promoción de estudos e publicacións que identifiquen con datos e evidencias a situación actual das mulleres no seu desenvolvemento profesional e, en especial, no ámbito do liderado feminino.

Ao encontro, aberto a todas as socias, están convocadas mulleres referentes dos distintos ámbitos da empresa e da administración pública, con destacadas traxectoria profesional e onde se pretende atopar un espazo que facilite a comunicación e a relación entre as profesionais do ambas as asociacións e contribuír ao coñecemento do seu traballo, establecendo alianzas de futuro para fortalecer a participación da muller en todos os ámbitos de decisión e a posta en valor do talento feminino.