Cada mércores, a partir das 11:45 da mañá no programa Un Café con Eva de RadioVoz é entrevistada unha socia de Executivas de Galicia.

O programa que dirixe Eva Millán conta tódolos mércores coa sección Consello de Sabias, uns minutos de entrevista para dar visibilidade á traxectoria persoal e profesional dunha socia de Executivas de Galicia, na que comparten tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

O programa pódese escoitar en RadioVoz, pero se non puideches seguir a sección en directo a continuación poderás escoitar todas as entrevistas realizadas durante esta tempada.

As entrevistas volverán o 7 de setembro.