En Executivas de Galicia continuamos impulsando espazos onde o liderado feminino sexa o protagonista. O próximo 23 de abril, invitámoste a unha nova xornada de networking deseñada para conectar, inspirar e visibilizar o talento das mulleres na nosa contorna empresarial.
Nesta ocasión, trasladarémonos a Santiago para coñecer de primeira man as instalacións de Bandalux, referente no seu sector, e compartiremos un almorzo de traballo enfocado en fortalecer as nosas sinerxías.
En encontro terá lugar o xoves 23 de abril de 2026, a as 10.00 horas nas instalacións de Bandalux.
Durante a xornada, alén da visita exclusiva, celebraremos o noso habitual almorzo networking. Será o momento perfecto para conversar sobre visibilidade e empoderamento feminino, así como para poñernos ao día cos últimos proxectos e eventos da asociación.
As prazas son limitadas. Para asegurar a túa asistencia inscríbete na ligazón de máis abaixo antes do 20 de abril.
Como é habitual, nos encontros falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
- cada socia pode levar unha invitada
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.