Executivas de Galicia, en colaboración con Xunta de Galicia, organiza unha nova xornada do programa 12 Razóns polo emprego en igualdade, este mércores 29 de maio ás 19.00 horas na asociación de empresarios do Polígono do Salnés, en Cambados.

Na xornada debaterase sobre a nova obrigación do rexistro de xornada e presentaranse casos prácticos da súa implantación a través de métodos dixitais, expoñeranse os beneficios das políticas de conciliación e as políticas de flexibilidade da xornada laboral.

Nesta nova xornada do programa contaremos coa presenza de expertos como José María Casas de Ron, inspector de Traballo de Pontevedra, Natalia Vieites Prego, responsable de Relacións Laborais e PRL do grupo Digamel, Mónica Álvarez, xerente de Álvarez Real, e Carlos Barros Frieiro, xerente adxunto de Kartin.

A inauguración é a cargo da secretaria xeral de Emprego dá Xunta de Galicia, Convadonga Toca Carús, e da presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.

A entrada é gratuíta previa inscrición a través do correo inscricionxornadaspontevedra@dev.executivasdegalicia.org.

O programa consta de 12 eventos que se celebrarán en diferentes puntos estratéxicos de áreas industriais e empresariais de todo Galicia. Así se celebrarán as xornadas nas áreas empresariais de Santiago de Compostela, Arteixo, Narón, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Xinzo dá Limia, Salnés, Porriño-Mos, Lalin2000, Lugo, Vilalba e Monforte de Lemos en colaboración coas asociacións empresariais e entidades locais.