O próximo 20 de maio Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Vigo, na que contaremos coa asistencia como convidada especial de Rosa Eguizábal Gándara, directora de Promoción Económica en Consorcio Zona Franca de Vigo.

A comida networking celebrarase no Círculo de Empresarios de Galicia situado en Avda. García Barbón, nº 62 (36201 – Vigo) a partir das 14:00 horas.

Contará con aforo limitado e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do martes 18/05/22 ás 17:00 horas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.