O día 29 de outubro, Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Vigo, na que contaremos tamén coa asistencia de Alfonso Ramos Covelo, Xerente do novo Consorcio do Casco Vello.

A comida networking terá lugar no restaurante do Clube Náutico de Vigo (Rúa dás Avenidas, s/n) a partir das 14:15 horas.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 25 de outubro.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

  • cada socia pode levar unha convidada
  • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.