Despois do parón de verán, Executivas de Galicia retoma os seus característicos networking.

O próximo 28 de setembro Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Vigo na que contaremos coa asistencia como convidada especial de Maruxa Sanmartín Gómez, conselleira en Terral do Ceo.

A comida networking celebrarase no Círculo de Empresarios de Galicia, sito en Avda. García Barbón, 62 (36201 – Vigo).

A comida, que terá lugar a partir das 14:00 horas, contará con aforo limitado e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do luns 26/09/22 ás 17:00 horas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

 

PRÓXIMOS NETWORKING:

Anota estas datas!

  • 05/10/2022: Comida networking en A Coruña
  • 20/10/2022: Comida networking en Ourense

 

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.