O vindeiro 16 de febreiro Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Vigo na que contaremos coa asistencia como invitada especial de Maruxa Álvarez Jiménez, profesora titular e directora da área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
A comida networking celebrarase no Círculo de Empresarios de Galicia, sito en Avda. García Barbón, 62 (36201 – Vigo).
A comida, que terá lugar a partir das 14:00 horas, contará con prazas limitadas e para poder participar é necesario facer previamente la inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do luns 14/02/23 ás 12:00 horas.
Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.
A todas as socias lles recordamos que:
- cada socia puede levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa
PRÓXIMOS ENCONTROS:
¡Anota esta data!
- 17/02/2023: Comida networking en Lugo
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de comida networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.