Executivas de Galicia retoma os seus networking presenciais. O primeiro deste 2022 será o 2 de marzo na Coruña.

A comida networking terá lugar no Hotel Hesperia A Coruña Centro ( C/ Juan Flórez, 16) de 14:30 a 16:30 horas. A hora de chegada será ás 14:00 horas.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 27 de febreiro ou ata esgotar prazas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha convidada
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.