O día 20 de setembro Executivas de Galicia organiza unha comida en Santiago na que se inclúe unha visita gratuíta ao evento pioneiro CreaFogar, no que participan algunhas socias de Executivas.
CreaFogar é un evento de interiorismo. Durante 20 días unha vivenda no centro de Santiago permanecerá coas súas portas abertas para mostrar, ademais de así mesma, todo o mobiliario e demais produto de fogar feito en Galicia.
A comida terá lugar ás 14:00 horas na vivenda sita en Rúa Nova 24 e posteriormente, de 15:00 a 16:00 horas poderase facer unha visita guiada de maneira gratuíta.
Contará con prazas limitadas, e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición antes do 18/09/24.
Como é habitual, durante a comida falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
-
- cada socia leve unha convidada
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de comida networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.