O próximo 7 de xuño Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Santiago de Compostela, e posteriormente terá lugar a Asemblea Xeral de socias.
A comida, e posterior asemblea, celebraranse no Hotel Puerta del Camino sito en Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 3. Ás 14:00 horas terá lugar a comida e a asemblea será ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 en segunda convocatoria.
Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo. O prazo para confirmar asistencia á comida finaliza o día 4 de xuño e para a asemblea o día 6.
Como é habitual, durante a comida falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
-
- cada socia leve unha convidada
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de comida networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.