Accessibility Tools

O próximo 28 de novembro, Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Lugo.

O encontro terá lugar no Hotel Méndez Núñez (Rúa dá Raíña, 1) ás 14:00 horas. Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 25 de novembro.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

  • cada socia pode levar unha convidada
  • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de comida networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.