O vindeiro venres 29 de maio reunímonos en Santiago de Compostela para celebrar a nosa xornada anual máis importante: a Asemblea Xeral de socias.
Aproveitaremos tamén para organizar unha comida networking, que será unha oportunidade perfecta para reencontrarnos, compartir sinerxías e seguir construíndo xuntas o futuro da nosa asociación.
Este é o programa da xornada:
-
- 14:00h: Comida Networking (Un espazo para compartir e conectar).
- 16:00h: Asemblea Xeral Ordinaria.
- 17:00h: Asemblea Xeral Extraordinaria.
A comida e as asembleas celebraranse na Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela.
Cada actividade é independente, e para asistir é necesario inscribirse no formulario que aparece máis abaixo.
O prazo para confirmar a asistencia á comida finaliza o 25/05/2026, mentres que o da asemblea termina o 28/05/2025.
Actividades exclusivas para as socias de Executivas