Accessibility Tools

O mércores 2 de abril, Executivas de Galicia celebra unha comida networking en Vigo. Nesta ocasión, contaremos coa presenza de Ángela Guerra, xerente do Hospital Ribera Povisa.

O evento celebrarase no Restaurante Casa Fidel (Muelle de Reparaciones de Bouzas – Marina Davila) ás 14:00 horas.

O número de prazas é limitado. Para participar, é imprescindible inscribirse previamente, antes do 30/03/2025, a través do formulario dispoñible máis abaixo.

Como en cada cita de Executivas de Galicia, trataranse temas clave relacionados coa visibilidade e o empoderamento feminino, así como os últimos proxectos e eventos da asociación. Lembramos que:

    • cada socia pode levar unha invitada (que tamén deberá inscribirse a través do formulario).
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos, indicando o seu nome, cargo e empresa.
    • é recomendable levar suficientes tarxetas de visita para facilitar o contacto posterior entre as asistentas.

Estes encontros celébranse en A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. As socias poden acudir a calquera networking que se organice.

En Executivas de Galicia, apostamos por impulsar o cambio social. Mediante o modelo de comida networking, creamos un espazo para a promoción de contactos e relacións, o debate sobre temas de actualidade profesional de interese y o crecemento da nosa comunidade. O noso obxectivo é gañar visibilidade e dar voz ás nosas inquedanzas, ideas e propostas.

¡Esperámosvos nesta nova oportunidade! 

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.