O próximo 9 de novembro ARRANCAMOS con esta segunda etapa de Un café contigo, un espazo creado para as socias de Executivas de Galicia no que compartir e aprender xuntas, e o facemos ao grande, abordando unha temática que, dediques ao que te dediques, poderás sacarlle gran partido.

O taller, titulado “Comunicar con mascarilla ten as súas pautas. Coñéceas”, contará coa participación da socia Carmen Penim (profesora, compositora, cantante, produtora e representante artística).

Este primeiro encontro terá lugar o próximo luns, 9 de novembro ás 16:00 horas. Como nas ocasións anteriores realizarase a través de Zoom.

Podes inscribirte na seguinte ligazón

¡¡ Esperámoste!!!