O próximo 24 de marzo, Executivas de Galicia organiza unha nova charla en liña da man da socia María López- Herranz, CEO de H_ zlo.

Con esta charla María López-Herranz, que é experta en Liderazgo e Comunicación e coach de mulleres directivas en IESE Business School, axudaranos a comprender mellor por que, en xeral, as mulleres evitamos a visibilidade, a exposición, xa sexa falando en público ou doutros modos. Isto tradúcese nunha falta de visibilidade dos nosos talentos e capacidades.

Comprender as razóns que provocan este comportamento é o primeiro paso para cambialo.

A charla Por que quedamos nun segundo plano? Coñecernos mellor para empoderarnos e gañar visibilidade, que se preparou para as socias de Executivas, realizarase a través da plataforma Zoom.

A súa duración será de 18:30 a 19:30, 40 minutos para a charla e 20 minutos para que as participantes poidan expoñer as súas dúbidas ou comentarios.

Para poder participar é necesario ser socia e facer previamente a inscrición na seguinte ligazón: