O vindeiro venres 26 de febreiro, Executivas de Galicia organiza unha charla en liña para socias na que Otilia Quireza, socia de Executivas, tratará o tema de como liberarnos da dor e a ansiedade.

A situación actual, derivada da crise sanitaria polo Covid-19, creou en moitas persoas problemas de ansiedade, tensión, dores, etc. Cremos interesante facer unha charla sobre este tema, xa que estes problemas son cada vez máis frecuentes.

Con esta charla, Otilia Quireza achegaranos o enfoque co que trata este tipo de problemas cos seus pacientes, buscando sempre a orixe dos síntomas que nos provocan dor e ansiedade para conseguir un tratamento exitoso.

A charla Libérache da dor e a ansiedade, só para as socias de Executivas, realizarase a través da plataforma Zoom.

A súa duración será de 75 minutos, de 18:30 a 19:45, unha hora para a charla e 15 minutos para que as participantes poidan expoñer as súas dúbidas ou comentarios.

Para poder participar é necesario ser socia e facer previamente a inscrición na seguinte ligazón: