O día 27 de abril, Executivas de Galicia organiza a charla en liña “Consellos Asesores e como chegar a eles“. A presenza da muller é cada vez máis estratéxica nos órganos de goberno das organizacións, pero como podemos acceder a eles?

Da man de María López-Herranz, CEO de H_zlo que conta cunha vasta experiencia en Consellos Asesores, coñeceremos as diferenzas entre Consellos Asesores e Consellos de Administración, as funcións dos membros dun Consello Asesor, a situación actual das mulleres nos Consellos e os pasos para seguir para chegar a ser membro dun Consello Asesor ou dun Consello de Administración. Para finalizar abriremos unha quenda de preguntas e un coloquio sobre o tema.

A charla preparouse para as socias de Executivas, realizarase a través da plataforma Zoom, e a súa duración será de 18:30 a 19:30 horas.

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición na ligazón que aparece máis abaixo.