O pasado 30 de maio, Executivas de Galicia iniciou unha nova etapa coa elección de Carmen Costas como presidenta da entidade para o período 2025-2029, trala celebración da súa Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria. O acto, que reuniu a socias e representantes do ámbito económico e empresarial de Galicia, incluiu unha comida institucional para conmemorar este momento de transición.
A nova presidenta, Carmen Costas, agradeceu a labor de Carla Reyes Uschinsky durante os últimos 12 anos, e manifestou que “Executivas de Galicia é hoxe unha rede sólida, respetada e necesaria e por iso, asumimos este novo ciclo con enerxía renovada, espíritu de colaboración e unha firme vocación de servicio as nosas socias. Queremos que todas se sintan parte activa desta nova etapa, onde a innovación, o compromiso colectivo e a defensa do liderado feminino seguirán sendo os nosos pilares”.
A nova Xunta Directiva, elixida por unanimidade, está integrada por profesionais con ampla experiencia e compromiso coa igualdade:
- Carmen Costas, presidenta
- Concepción Vilaboa, vicepresidenta
- María García, secretaria
- María Caeiro, tesorera
- Beatriz G. Cibreiro, vogal
- Eva D. Castro, vogal
- Ángela Taboada, vogal
- Manuela Gómez, vogal
- Mari Carmen López, vogal
- Tania Romeu, vogal
Catro liñas estratéxicas para unha nova etapa
O novo equipo arranca o seu mandato cunha folla de ruta clara e orientada ao crecemento sostible da asociación, centrada en catro eixes fundamentais:
- Liderado visible e influencia real: Compromiso coas socias co obxectivo de estar preto de cada unha das asociadas, escoitando, conectando e ofrecendo valor real á traxectoria profesional.
- Rede de apoio 360º: Continuar potenciando o que funciona, innovar para mellorar o necesario, todo isto consolidando os proxectos e actividades que demostraron impacto, pero tamén impulsando novas iniciativas que respondan aos retos do presente.
- Sinerxias globais e sostenibilidade: conectar Executivas de Galicia co mundo, sumarnos a redes rexionais, nacionais e internacionais. Seguir facendo de Executivas unha marca forte, en base a unha comunicación coherente, valiente e estratéxica, sostible no tempo. Dar continuidade aos convenios firmados pola Asociación para seguir sumando valor e consolidar o labor de representación institucional.
- Transparencia e gobernanza participativa: Unha xestión participativa e eficiente, construída desde a confianza e con mecanismos claros de comunicación e avaliación é outro dos eixes de traballo.
Homenaxe a Carla Reyes Uschinsky
Durante o acto, Executivas de Galicia quiso render unha emotiva homenaxe a Carla Reyes Uschinsky, quen se despediu da presidencia tras 12 anos de intensa dedicación ao frente da entidade. Baixo o seu liderado, a asociación consolidouse como un referente na promoción do talento e do liderado feminino en Galicia.
A súa despedida estivo acompañada de mensaxes de recoñecemento, agradecemento e afecto por parte das socias e do novo equipo directivo, que destacou o legado de profesionalidade, visión e compromiso deixado por Reyes Uschinsky.
Executivas de Galicia inicia así unha nova etapa, reafirmando a súa vocación transformadora e o seu papel como axente activo no avance hacia unha Galicia máis igualitaria e diversa.