Accessibility Tools

No marco do convenio asinado con Executivas de Galicia, European Business Factory ofrece condicións especiais para aquelas socias de Executivas interesadas en certificarse como Facilitadoras en Lego® Serious Play® que organiza EBF, así como descontos no Innovation in Hell Program, unha competición de innovación por equipos para xerar solucións creativas a desafíos reais de empresas reais que tamén organiza EBF.

As datas de Certificación Lego® Serious Play® A Coruña son do sábado, 25 de xuño ao martes, 28 de xuño.

Horario: 25, 26 e 28 de xuño, de 9 a 18 hrs. e 27 de xuño, de 9 a 23 hrs.

Custo da certificación: 2.500€. Prezo especial para Executivas a teor do convenio de colaboración asinado con EBF: 2.000€ (Posibilidade de financiamento e opción de pago fragmentado)

Para as participantes que o necesiten, facilítase a xestión do aloxamento durante a formación, con condicións particulares en diferentes hoteis próximos ás instalacións de EBF e con prezos especiais.

Os almorzos, breaks, comidas dos catro días de formación e cea do terceiro día, están incluídos, así como o manual da formadora, título de certificación e acceso a material en formato electrónico.

As facilitadoras certificadas en EBF terán a posibilidade de ser parte da Comunidade Lego© Serious Play© máis grande en Europa e empezar a compartir os seus proxectos e aproveitar o soporte dunha enteira rede para desenvolver as súas habilidades. No caso de que non dispoñer do material para montar os workshops, desde a escola darán acceso ilimitado durante o primeiro ano tras certificarse ao seu stock de pezas, conectores e bases da escola, necesarios para poñer en práctica esta metodoloxía.

Os próximos 1 e 2 de xullo, celebrarase en EBF A Coruña o Innovation in Hell Program, unha competición de innovación por equipos para xerar solucións creativas a desafíos reais de empresas reais. Un novo enfoque da xestión da innovación e o pensamento estratéxico moderno da man dun dos partners de EBF, a escola de negocios danesa KAOS PILOT.

A formación desenvolverase de maneira presencial nas nosas instalacións de EBF A Coruña.
Prezo especial para Executivas: 395€.

Máis información no correo hvillares@ebf.com.es