Accessibility Tools

Executivas de Galicia pon de novo ao dispor das socias 6 bolsas para a realización do Máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

Cada bolsa consiste nun desconto de 750 euros que se descontará ás alumnas beneficiarias do importe total da matrícula do Máster.

As bolsas poderanse aplicar tanto a socias de Executivas como a calquera muller que designe unha socia. Por tanto, será aplicable a fillas, compañeiras de traballo, amigas, etc. de calquera socia de Executivas que teña interese en especializarse en Recursos Humanos e cumpra os requisitos de acceso ao Máster. Para iso, as interesadas deberán enviar un correo a info@executivasdegalicia.org.

O Máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio pode realizarse en dúas modalidades: unha modalidade exclusivamente en liña, e outra semipresencial que inclúe unha serie de talleres prácticos e posibilitan a obtención do título adicional de “Experto en habilidades e competencias directivas”. Estas clases presenciais teñen periodicidade quincenal e realizaranse na Escola de Relacións Laborais de Lugo (USC Campus de Lugo) unicamente os venres pola tarde, polo que poden realizalo sen problema alumnas que non residan na cidade de Lugo.

A duración do Máster é de outubro do 2021 a xuño de 2022.

O prazo de matrícula estará aberto hasta o 30 de setembro.