Accessibility Tools

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no DOG a ORDE pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo(…) cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e procédese á súa convocatoria para o ano 2018.

Está dirixida a traballadores autónom@ s (quedan excluídas desta convocatoria sen prexuízo de que se publiquen outras, os soci@ s de sociedades mercantís, cooperativas e os autónom@ s colaboradores) que formalicen a súa alta na Seguridade Social entre o 1 de outubro o ano 2017 e 30 de setembro de 2018, ambos inclusive.

As contías son as seguintes:

A axuda está destinada a axudar ás persoas que estaban rexistradas como demandantes de emprego na oficina do SEPE e que se deron de alta como autónom@ s, e a contía será A) de 2.000 euros unha cantidade que se incrementará nun 25% acumulable ata 4.000 euros para estes 4 casos, mulleres, persoas con idade maior de 45 anos, emigrantes retornados e se o lugar de traballo é rural, ou será unha contía B) de 4.000 euros directamente se a persoa está nalgúns dos seguintes casos: menores de 30 anos, desemplead@ s de longa duración, discapacitad@ s e persoas en risco de exclusión social. En ambos os casos A) e B), non se require un investimento mínimo para beneficiarse da axuda.
Este incentivo pódese complementar doutra banda cunha axuda para os contratos indefinidos realizados polos autónom@ s durante o primeiro ano de actividade. A axuda será de 3.000 euros para contratar á primeira persoa que traballa podendo as cantidades tamén aumentar nalgúns casos.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2018 para as dúas axudas. A pesar diso, as solicitudes de incentivos para contratos indefinidos realizados entre o 1 de outubro de 2017 e a data actual deberán ser presentados no prazo de dous meses.

Máis información en: Programa I. Promoción do emprego autónomo.