Axudas da Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local 2016 -2019, correspondentes á anualidade 2018:

 

  • LIÑA 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO
    Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos municipios da provincia da Coruña a través do apoio a investimentos e bens inventariables.
  • LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN:
    Axudas para a creación e ampliación do persoal de pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
  • LIÑA 3.2 PEL PEMES. MANTEMENTO:
    Axudas para o mantemento do persoal de pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiarios/as da convocatoria PEL PEMES 2017.

A información sobre as bases reguladoras e a convocatoria destas tres liñas de axudas pódense consultar en:

  • Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 32 de 15/febreiro/2018) Bases reguladoras
  • Boletín Oficial da Provincia (BOP nº 40 de 27/febreiro/2018) Convocatoria

As solicitudes presentaranse de maneira telemática, a través da páxina web da Deputación da Coruña. O prazo de presentación pecharase ás 14.00 horas do 22 de marzo de 2018.

Consultade aquí en Plan de Emprego Local.