Accessibility Tools

Informámosvos que este ano Executivas de Galicia tamén se poderá beneficiar da creación de 6 bolsas para a realización do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

Cada bolsa consiste nun desconto de 750 euros que se descontará ás alumnas beneficiarias do importe total da matrícula do Máster.

As bolsas poderanse aplicar tanto a socias de Executivas como a calquera muller que designe unha socia. Por tanto, será aplicable a fillas, compañeiras de traballo, amigas, etc. de calquera socia de Executivas que teña interese en especializarse en Recursos Humanos e cumpra os requisitos de acceso ao Máster. Para iso, as interesadas deberán poñerse en contacto con Lida Enrich no correo vicepresidencia@dev.executivasdegalicia.org

O Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos ten carácter semipresencial. As clases presenciais realízanse na Escola de Relacións Laborais de Lugo (USC Campus de Lugo) unicamente os venres pola tarde, polo que poden realizalo sen problema alumnas que non residan na cidade de Lugo.

A duración do Máster é dun ano, de Xaneiro a Decembro.