Accessibility Tools

Un ano máis Executivas de Galicia pon a disposición das socias 6 becas para a realización do Máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo.

Cada beca consiste nun desconto de 750 euros que se descontará ás alumnas beneficiarias do importe total da matrícula do Máster.

As becas poderanse aplicar tanto a socias de Executivas como a calquera muller que designe unha socia. Polo tanto, será aplicable a fillas, compañeiras de traballo, amigas, etc. de calquera socia de Executivas que teña interese en especializarse en Recursos Humanos e cumpra os requisitos de acceso ao Máster. Para iso, as interesadas deberán poñerse en contacto con Lidia Enrich no correo:
vicepresidencia@executivasdegalicia.org

Unha novidade deste ano no Máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio é que ten dúas modalidades: unha modalidade exclusivamente online, e outra semipresencial que inclúe unha serie de talleres prácticos e posibilitan a obtención do título adicional de “Experto en habilidades e competencias directivas”. Estas clases presenciais teñen periodicidade quincenal e realizaranse na Escola de Relacións Laborais de Lugo (USC Campus de Lugo) únicamente os venres pola tarde, polo que poden realizalo sen problema alumnas que non residan na cidade de Lugo.

A duración do Máster é de outubro de 2020 a xuño de 2021, e o prazo de matrícula está aberto ata o 30 de setembro de 2020.