Executivas de Galicia, en colaboración coa Deputación de Ourense, pon en marcha a segunda edición de Xerando Redes + 45, un proxecto innovador de emprego de carácter gratuíto e especificamente deseñado para mulleres profesionais maiores de 45 anos, tanto en situación de desemprego como en busca de mellora laboral, na provincia de Ourense.
Tras o éxito e a excelente acollida da edición anterior, esta nova convocatoria regresa como resposta a unha realidade socioeconómica que segue a ser un reto: segundo os rexistros, as mulleres maiores de 45 anos sofren a maior taxa de desemprego histórico-estatística, representando hoxe en día en torno ao 60% do paro total feminino na provincia. Ante esta situación, «Xerando Redes» consolídase como unha ferramenta de transformación e apoio directo, cuxo obxectivo principal é poñer en valor o talento senior fronte ao edadismo laboral e impulsar a competitividade das participantes.
Un programa integral e intensivo entre outubro e novembro de 2026
O proxecto estruturarase arredor dunha programación formativa e de acompañamento moi coidada, que se levará a cabo entre os meses de outubro e novembro de 2026. Entre as súas principais accións destacan:
-
- Formación práctica para a empregabilidade: Talleres presenciais e en liña enfocados a aspectos chave como a intelixencia emocional, a imaxe persoal no proceso de selección e a elaboración dunha presentación efectiva.
- Ciclo de charlas inspiradoras: Espacios de reflexión e actualización en áreas punteiras e de alta demanda, que abordarán a optimización do currículo co uso estratéxico de redes sociais e intelixencia artificial na procura de emprego, a educación financeira e o emprendemento en feminino.
- Networking e conexión profesional: A creación dun espazo seguro de intercambio onde as socias, sector empresarial de Ourense e participantes poidan compartir experiencias, crear sinerxias e activar a sua rede profesional.
O talento non ten idade, ten valor
Desde Executivas cremos que a experiencia, a madurez profesional e o coñecemento acumulado son activos imprescindibles para o tecido empresarial ourensán. Con Xerando Redes queremos demostrar que o talento senior é unha oportunidade de ouro para calquera organización e ofrecer ás mulleres as ferramentas actuais que necesitan para liderar a súa propia inserción ou mellora laboral. Para elo contamos coa colaboración de mulleres socias de Executivas de Galicia, expertas e referentes nas suas profesións que guiarán e acompañarán, nas diferentes accións do proxecto, ás mulleres participantes.
O período de inscrición e contacto coas primeiras mulleres interesadas en participar xa está en marcha. Aquelas persoas que desexen obter máis información sobre o desenvolvemento do proxecto poden poñerse en contacto con nosotras a través de proyectos@executivasdegalicia.org.
Se estás interesada en participar inscríbete na ligazón que aparece máis abaixo.