Unha representación de Executivas de Galicia, asistiu e participou, no evento de entrega da segunda edición do Premio Innovatia 8.3, que organiza a USC e o Instituto da Muller en Madrid. Esta galardón é un recoñecemento ás iniciativas empresariais de ámbito universitario lideradas por mulleres que conta con dúas categorías: o Premio á Empresa de Base Tecnolóxica e o Premio Empresa Startup.

Ademais, no acto presentouse MADRINANET, un innovador formato de apoio ao emprendemento feminino desde o ámbito universitario en que que madriñas con dilatada experiencia comparten o seu coñecemento e vivencias coas novas emprendedoras, as afilladas. Madrinatet está financiado e promovido polo Instituto da Muller.

Nesta edición Innovatia 8.3 contou cunha seria de expertas en materia de financiamento, unha pata imprescindible para conseguir sacar adiante as iniciativas que xorden desde o ámbito universitario. Innovatia 8.3 responde así a unha das problemáticas propias do emprendemento feminino: proxectos interesantes no seu contido pero con pouco músculo financeiro.

As empresas finalistas foron:

Empresa de base Tecnolóxica:

Cares, Familia, Infancia e Adolescencia SL-Universidade Miguel Hernández de Elxe
DBGen Ocular Genomics-Universidade de Barcelona
3D Surgical Technologies S.L. -Universidade Miguel Hernández de Elxe

Empresa Startup:

Bousel-Universidade Politécnica de Valencia
PVDesign-Universidade Rey Juan
Carlos Singularity Experts-Universidade Carlos III de Madrid

Innovatia 8.3 é un proxecto impulsado polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades e a Universidade de Santiago de Compostela e cofinanciado por Fondo Social Europeo, dirixido a fomentar o espírito empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico, ademais da consolidación do modelo de intervención que integra a perspectiva de xénero nos procesos de transferencia de coñecemento e nos procesos de creación de empresas de base tecnolóxica.