Fai moi pouco tempo que o mundo do viño empezou a abrir, lentamente, as portas ás mulleres. O viño é un produto antiquísimo e sempre vinculado á masculinidade.

Ana representa, sen dúbida, un exemplo de tesón e determinación para gañarse un lugar privilegeado na industria e cultura vitivinícola. Probablemente a clave para superar as barreiras que viviu fose (e segue sendo) a súa paixón. Ana creceu ao amparo das viñas do Miño, coñece cada palmo desa terra e cada paso na elaboración destes caldos.

Agora chega o momento de cultivar o sementado. Creou a súa propia empresa, Genus de Vinum e en breve presentará as súas dous novos viños. Un punto de inflexión para esta empresaria, licenciada en ADE que dirixe a área de exportación da empresa familiar Reboreda Morgadío, en Ourense. Agora empeza a brillar con luz propia.

Nalgún momento a túa condición feminina ha condicionado a túa carreira profesional?
Aínda que cada vez hai máis mulleres no mundo do viño, cando empecei a traballar aínda non eramos moi visibles, e por exemplo, a min persoalmente nalgunha occasion non quixeron tratar comigo de temas profesionais polo feito de ser muller. Lembro un xerente dunha comercializadora de alimentación en Galicia que non quixo recibirme. A súa secretaria (iso si, as secretarias eran mulleres) díxome que temas comerciais só trataba con homes.

Participas de maneira activa en Executivas ,que valores destacarías desta organización?
É unha organización sen ánimo de lucro e que pontencia activamente a visibilidade da muller a nivel professional, facéndoo de maneira natural sen reivindicacións extremistas. Queremos dicirlle a todo o mundo que as mulleres queremos e debemos estar máis presentes en todos os ámbitos, que estamos capacitadas para postos de responsabilidade igual que os homes, e que nosa opinion é necesaria.

Tes horario de traballo?
Se cando empezo pero nunca cando termino. O meu labor é eminentemente comercial e ao final, son comercial todas as horas do día.

Hai un factor que determinase como muller o teu desenvolvemento profesional?
Sobre todo o ter empresa familiar e vivir rodeada deste mundo do viño.

Cales son, ao teu xuízo, os retos máis urxentes en materia de igualdade?
A equiparación salarial e que a muller estea en postos directivos

A maternidade condicionou a túa carreira?
É certo que cada vez me fun centrando máis no traballo e fun deixando de lado a maternidade porque adquría máis e máis responsabilidades. O tempo foi pasando e agora tería que facer un cambio radical na miña vida que non contemplo.

Sentíchesche recoñecida profesionalmente?
A miúdo non. Quizá agora empezo un pouco pero si, é unha espiña cravada.

Sentes que tiveches que demostrar máis na túa carreira profesional?
Moito máis. O traballar na empresa familiar é complicado.

As 3 principais trabas para o desenvolvemento profesional das mulleres neste momento?
Aínda que evidentemente hai excepcións como en todo, creo que a maternidade segue sendo unha traba sobre todo á hora de contratar por parte das empresas. Con todo creo que estamos a avanzar, quizá non tan rápido como deberiamos pero si o estamos facendo.

Crees que entre as mulleres existe máis competitividade? Ou é unha lenda…
Creo que a competitividade existe tanto entre os homes como entre as mulleres; o que si creo é que nós nos esiximos máis tanto profesional como persoalmente e faise máis visible.

Se debes elixir a un equipo: feminino ou masculino?
Son da opnión de que que ten que ser mixto, e que ten que haber equidade.