O próximo 5 de maio Executivas de Galicia organiza un almorzo networking en Vigo, no que contaremos coa asistencia como convidada especial de Paula Fandiño, xerente, directora técnica e enólogoa/enóloga de Mar de Frades.
O encontro terá lugar no Work Cafe Santander, en C/ Príncipe, nº 39 a partir das 09:00 horas, contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición no formulario que aparece máis abaixo.
O prazo de inscrición finaliza o 03/05/23.
Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.
A todas as socias lembrámoslles que:
- cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.