Continuamos cos networking presenciais.

Executivas de Galicia organiza un novo almorzo networking, nesta ocasión en Vigo, que terá lugar no Work Café Santander (C/ Príncipe, nº 39) de 09:00 a 10:45 horas. A hora de chegada será ás 08:45 horas.

Debido ás restricións sanitarias o aforo máximo será de 20 persoas.

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Con este networking queremos chamar especialmente ás novas socias a participar no encontro para así coñecer aos distintos perfís profesionais que se incorporaron a Executivas.

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 20 de maio ou ata esgotar prazas.