Accessibility Tools

O vindeiro xoves, 18 de marzo, volvemos aos networking presenciais, aínda que con aforo limitado.
O almorzo networking terá lugar no Coworking Hotel Fórum Ceao, en Lugo, a partir das 09:00 horas. Posteriormente, a socia e Referente Galega Carmen Lence, CEO do Grupo Leite Río, dará un relatorio sobre LideradoO factor decisivo: desenvolvemento da presenza de liderado”.
Debido ás restricións sanitarias o aforo máximo será de 15 persoas, pero vai facilitar a todas as socias que non poidan participar de maneira presencial o poder seguir a presentación de Carmen Lence en formato dixital, que será de 09:30 a 10:30.
Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 17 de marzo.