O próximo 27 de maio Executivas de Galicia organiza un almorzo networking na Coruña, nas instalacións que o Nordés Club Empresarial ten en C/ Enrique Mariñas, 32 (Matogrande).

Nesta ocasión contaremos como convidada especial con Ana Botas Cal, Xerente do Cluster VIRATEC (Cluster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular) e Vogal Xunta Directiva do Club Nordés.

O almorzo networking terá lugar a partir das 09:00 horas, e ao finalizar o encontro aproveitaremos para visitar as instalacións de Nordés Club Empresarial.

Contará con aforo limitado e para poder participar é obrigatorio facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do 25/05/22.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.