O vindeiro venres, 14 de maio, temos un novo networking presencial, esta vez en A Coruña.

almorzo networking terá lugar no Hotel Plaza (Av. Santiago Rey Fernández Latorre) de 09:00 a 10: 30 horas. A hora de chegada será ás 08:45 horas.

Debido ás restriccións sanitarias o aforo máximo será de 20 persoas.

Executivas de Galicia aspira a convertirse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interés e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oir as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 12 de maio ou ata esgotar as prazas.