O próximo 31 de outubro, Executivas de Galicia organiza un almorzo networking na Coruña.
O encontro terá lugar na Gastroteca do Hotel Hesperia A Coruña Centro (C/ Juan Florez, 16) de 09:00 a 10:30 horas. Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 29 de outubro.
Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
-
- cada socia pode levar unha convidada
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.