O próximo 9 de maio, Executivas de Galicia organiza un almorzo networking na Coruña no que contaremos cunha invitada especial, Anabel Fernández López, socia e directora de Ancla Abogados.
O encontro terá lugar en Nordés Club Empresarial (C/ Enrique Mariñas, 32) ás 09:00 horas.
Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 7 de maio.
Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
-
- cada socia pode levar unha convidada
- as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.