Accessibility Tools

O pasado mércores 18 e xoves 19, Executivas de Galicia celebrou un almorzo networking en Vigo e en A Coruña, respectivamente, para presentar á Xunta Directiva que liderará a Asociación nesta nova etapa.

Durante ambos encontros, a nova Xunta expuxo as liñas de traballo que marcarán o rumbo da organización. Asimesmo, abriu un espazo de diálogo co obxectivo de recoller suxerencias, ideas e propostas das socias, fomentando así unha participación activa e colaborativa.

A xornada tamén contou coa novidosa presenza das participantes da iniciativa Executivas Junior, reforzando a idea de que o liderado feminino se cultiva desde os primeiros pasos da traxectoria profesional de cada unha.

Desde Executivas de Galicia agradecemos a tódalas asistentes a súa implicación e compromiso, seguras de que, xuntas, seguiremos sumando para impulsar o talento feminino en tódolos ámbitos.

¡Vémonos no próximo encontro!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.