Accessibility Tools

O próximo 2 de febreiro Executivas de Galicia estrea os encontros networking do 2023 organizando un almorzo na Coruña.

O encontro terá lugar nas instalacións que o Nordés Club Empresarial ten en C/ Enrique Mariñas, 32 (Matogrande) a partir das 09:00 horas, contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición no formulario que aparece máis abaixo.

O prazo de inscrición e pago finaliza o 31/01/23.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

  • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
  • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.