Accessibility Tools

O próximo 2 de xuño Executivas de Galicia organiza un almorzo en Coruña, no que nos acompañará como convidado especial Pablo Rodríguez, CEO de Hack a Boss. Pablo falaranos da súa experiencia profesional e tratará temas como a implantación da xornada laboral de 4 días e o teletraballo, as mulleres e a tecnoloxía, como nos pode axudar a IA en nuestas tarefas, entre outros temas.

O encontro celebrarase no Hotel Plaza, C/ Santiago Rey Fernández Latorre, 45 ás 09:00. O custo do almorzo é de 10 € por persoa, que se abonará no propio hotel ese mesmo día.

Contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición no formulario de abaixo.

A todas as socias lembrámosvos que:

  • cada socia pode levar unha invitada (que deberá facer tamén a inscrición no formulario anterior)
  • as socias e invitadas farán unha presentación de 45 segundos co seu nome, cargo e empresa.
  • é interesante levar tarxetas de visita suficientes para repartir entre as asistentes e facilitar así un contacto posterior.

Rogámosvos dar unha boa acollida ás invitadas e socias que participan por primeira vez.

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto connosco no correo info@executivasdegalicia.org

Esperámosvos!