O próximo 28 de maio Executivas de Galicia organiza un afterwork en Santiago, que terá lugar no Restaurante Mercado Boanerges (Rúa Monte do Seixo, 8) de 19:00 a 20:30 horas.

Debido ás restricións sanitarias o aforo máximo será de 15 persoas.

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 27 de maio ou ata esgotar prazas.