Accessibility Tools

África González Fernández, catedrática de Inmunología da Universidade de Vigo, Referente Galega e socia de Executivas de Galicia publicou INMUNO POWER, un libro co que tenta axudar a entender dunha forma sinxela e divulgativa que é o sistema inmunitario.

O próximo 22 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro no Círculo Financeiro de Vigo da man da presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.

O libro, publicado pola editorial La Esfera de los libros, conta cunhas ilustracións frescas e divertidas.

Sipnosis:

Se queres coñecer o teu sistema inmunitario e que estea con power e moito flow, leste é o teu libro. Nel dáse resposta a numerosas preguntas relacionadas con el:

  • De que che protexe o teu sistema inmunitario?
  • Que causa o cancro? Pode o sistema inmunitario axudar a destruílo?
  • Como inflúe a idade nas nosas defensas?
  • Cal sería a vacina perfecta?
  • Como manter nosas defensas en forma? Por que ás veces se volven contra nós?
  • Funcionan os anticorpos como balas máxicas?
  • Cal é a súa relación coa alimentación e microbiota?
  • Ten solución a alerxia? É o mesmo a alerxia alimentaria que a intolerancia?
  • Que función ten a febre?

Cun afán divulgativo admirable, a doutora África González cóntanos os segredos da nosa inmunidade, así como que pasa cando nos falla. Igualmente, infórmanos das técnicas inmunológicas e últimos avances en Inmunoterapia.

Inmuno Power é un manual que che ensinará todo sobre un dos sistemas máis complexos do noso corpo.

Podes reservar o teu exemplar en:

https://www.amazon.es/Inmuno-power-Conoce-fortalece-defensas/dp/8413841747/
https://www.casadellibro.com/libro-inmuno-power-conoce-y-fortalece-tus-defensas/9788413841748/12495363
https://www.elcorteingles.es/libros/A40498091/
https://www.fnac.es/a8648337/Africa-Gonzalez-Inmuno-Power