A presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky, o Director Xeral do Banco Sabadell Gallego, Manuel Prol e o conselleiro de Economía e Industria fixeron entrega do Premio Executivas 2018 a Adriana Domínguez, Conselleira Delegada de Adolfo Dominguez, dentro da Gala dos III Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia que tivo lugar en Ourense.

Con este galardón, patrocinado por Banco Sabadell, Executivas de Galicia valorou o percorrido profesional de Adriana Dominguez, a calidez humana e o apego pola terra como características que poñen en relevo o papel do liderado da muller como clave para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. No evento tamén participo a galardoada do ano pasado, a bióloga Marisol Soengas.

Adriana Dominguez agradeceu o seu premio e encomiou o labor levado a cabo durante estes anos por Executivas de Galicia.

Carla Reyes, presidenta de Executivas, destacou que Adriana Domínguez é xa unha referente non só para as mulleres directivas galegas senón para as mozas profesionais que chegan ao mercado laboral.

O galardón, que quere destacar aquelas traxectorias persoais ou empresariais que poñen o valor o liderado feminino, consistiu nunha escultura do artista galego Miguel Couto, denominada Muller, onde reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.

Traxectoria

Adriana Domínguez González (Ourense,1976) é conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez. Antes de ser designada máxima executiva da compañía, Adriana Domínguez xa exercía como conselleira, directora de marca de Perfumes e directora de Comunicación.

Fluente en cinco idiomas e educada no ámbito internacional, é licenciada en Ciencias Empresariais Internacionais por ICADE e CESEM (Francia) e polo The Le Strasberg Theatre Institute de Nova York. Ten o máster de Pensamento na Escola Contemporánea de Humanidades de Madrid.

Conta cun profundo coñecemento da compañía na que liderou, durante 17 anos, varios proxectos en distintas áreas de negocio: deseño das concept store da empresa; creación de cinco colecciones cápsula da liña de moda muller; ou o lanzamento dunha liña de roupa para mascotas.

Desde 2010 foi a responsable da xestión, creación, renovación e lanzamento das fragrancias da compañía. Na área de Perfumes, xestionou proxectos de marca e reputación como Viaxe a Ceylán, a renovación de Auga Fresca de Rosas, o lanzamento de Rosas Brancas e o lanzamento de Única.

Antes de ser designada máxima executiva da compañía, Adriana Domínguez xa exercía como conselleira, directora de marca de Perfumes e directora de Comunicación. Conta cun profundo coñecemento da compañía na que liderou, durante 17 anos, varios proxectos en distintas áreas de negocio: deseño das concept store da empresa; creación de cinco colecciones cápsula da liña de moda muller; ou o lanzamento dunha liña de roupa para mascotas.

Desde 2010 foi a responsable da xestión, creación, renovación e lanzamento das fragrancias da compañía. Na área de Perfumes, xestionou proxectos de marca e reputación como Viaxe a Ceylán, a renovación de Auga Fresca de Rosas, o lanzamento de Rosas Brancas e o lanzamento de Única.