Accessibility Tools

Executivas de Galicia está a actualizar o protocolo de cumprimento da Lei de Protección de Datos (LOPD), que a obriga como asociación a recibir o consentimento das súas socias para difundir os seus datos profesionais a través da web e outros medios de comunicación do colectivo. Este consentimento é importante para poder dar unha maior visibilidade á actividade das súas socias e crear unha rede de contactos que axude ao crecemento persoal e profesional das mesmas. Para iso, é necesario cubrir, as que aínda non o fixeran, o seguinte cuestionario e mandalo asinado, marcando a casa correspondente, ao correo vicepresidencia@dev.executivasdegalicia.org.

En canto se firme, as socias recibirán un correo cun link para acceder á web de Executivas de Galicia para introducir a información que estimen oportuno dentro do Directorio de socias.