A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, presentou na librería Cronopios de Pontevedra o seu libro “Case Iguais”, no que estivo acompañada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e asociadas de Executivas.

O libro é unha recompilación de máis de cen artigos de opinión relacionados coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres acompañado de diferente fotografías.