Accessibility Tools

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, presenta este venres 22 de marzo o libro ” Case Iguais” no que se recollen máis de cen artigos de opinión relacionados coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, acompañado de diferente fotografías.

O acto iniciarase ás 18.30 horas no Salón Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, e estará presentado por Marta Darriba e contará coa asistencia da autora do prólogo, a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.

Para asistir ao evento rógase a confirmación enviando un correo a reyesuschinsky@hotmail.com .