Accessibility Tools

A dirección de Executivas de Galicia decidiu, de forma unánime, recoñecer a traxectoria profesional da presentadora e comunicadora galega Silvia Jato. Con este galardón Executivas quere destacar o esforzo, a profesionalidade, talento e versatilidade dunha das caras máis coñecidas do público nacional.

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade San Pablo Ceu en Madrid, Silvia Jato conta cunha dilatada carreira profesional como presentadora e comunicadora e aínda que a maioría da súa actividade
profesional desenvolveuna en Madrid o seu vínculo con Galicia é moi estreito. Foi empresaria, escritora e, agora acaba de asumir un novo reto como directora de Relacións Institucionais da Fundación Alcol e Sociedade, súa misión é concienciar da necesidade de evitar o consumo de alcol en menores de idade.
Ata hai pouco traballou en diversos programas para a CRTVG, como Boas Tardes e ou último programa Vos Nosos Sabios. Ademais foi recoñecida con distintos galardóns na súa terra. Para Executivas Silvia é unha referente no sector da comunicación, comprometida con causas humanitarias, e, por suposto, coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres.

O Premio Executivas de Galicia entrégase cada ano en Expourense, no marco dos Premios Paraugas do Clúster da Comunicación. Nas edicións anteriores foron homenaxeadas a científica Marisol Soengas e a CEO Adriana Domínguez. A figura entregada é unha obra do escultor Miguel Coto.

O Premio será entregado o próximo 29 de novembro a partir das 19 H nos GALA PREMIOS PARAUGAS DE COMUNICACIÓN do Clúster da Comunicación en Expourense.