Deste xeito, refórzase o peso da entidade na provincia de Lugo e no sector da agroalimentación

Executivas de Galicia reforza a súa directiva coa incorporación da socia e empresaria Carmen Lence. A decisión, tomada por unanimidade na xunta directiva, está apoiada por tres razoes principais.

O primeiro é o seu liderado contrastado no sector agroalimentario, un sector estratéxico para a economía galega onde as mulleres aínda non conseguiron brillar como merecen, a pesar de estar moi presentes nos diferentes sub-sectores.

A segunda razón, é polo compromiso de Carmen Lence cos piares de Executivas de Galicia e, ademais, reúne os valores que cremos deben guiar á dirección feminina que desde a entidade deféndense e promoven. Neste sentido, manifestou a súa disposición para contribuír á enorme tarefa que Executivas está a realizar.

E o terceiro motivo, é porque con esta incorporación quérese reforzar a presenza na provincia de Lugo e animar desta maneira a que creza Executivas de Galicia en toda a provincia.

Na actualidade, a xunta directiva está formada por Carla Reyes Uschinsky, Lida Enrich, Mónica Peláez, Mónica Álvarez, Úrsula Rábade, Eva González, Anabel Martínez, Sara Campos, Mar Delgado, Beatriz G. Cibreiro e Mariví Iglesias.