Executivas de Galicia xa forma parte de FEDEPE, unha federación de mulleres directivas e empresarias que desde 1987 organízanse para impulsar o liderazgo feminino. Esta iniciativa, impulsada pola xunta directiva, forma parte das accións da organización para ampliar e establecer relacións e sinerxias con entidades a nivel estatal.

Neste sentido, a traxectoria e experiencia de Executivas de Galicia, avala a decisión de ampliar a súa rede de influencia para conseguir maior proxección a nivel nacional. Ademais, supoñerá a creación dunha liña de colaboración en materia de difusión de actividades e, en breve, desenvolver accións conxuntas.

FEDEPE agrupa baixo as súas siglas a diversas asociacións de mulleres que traballan en múltiples sectores empresariais e da Administración Pública. Todas unidas por metas comúns: traballar pola igualdade entre homes e mulleres, erradicar a discriminación de xénero e fomentar modelos liderado feminino inclusivos e sostibles.

É membro do Consello de Participación da Muller, órgano de interlocución oficial entre as organizacións de mulleres e as administracións públicas para participar activamente no desenvolvemento e impulso das políticas públicas a favor da igualdade de xénero.