O próximo 7 de febreiro, Executivas de Galicia organiza un novo almorzo networking en A Coruña.
O encontro terá lugar en Nordés Club Empresarial (C/ Enrique Mariñas, 32) ás 09:00 horas.
Contará con prazas limitadas, e para poder participar é necesario inscribirse previamente no formulario que aparece máis abaixo antes do día 5 de febreiro.
Como xa é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e o empoderamento das mulleres,, ademais dos últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
-
- cada socia pode levar unha invitada (que tamén deberá cubrir a inscrición do formulario)
- as socias e invitadas farán unha presentación de 45 segundos co seu nome, cargo e empresa
Os encontros celébranse na Coruña, Lugo, Ourense, Santiago e Vigo. As socias están convidadas a sumarse a todos.
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade. Co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquedanzas, ideas e propostas.
Esperámosvos!